Volvimos o directo tras máis dun mes de paréntesis. Aparcamos o estudio de grabación e as diversas xestións que supoñen a autoproducción para rescatar o hábitat habitual de Capitan Furilo. Podemos decir que preparamos este concerto con moito cariño, dende os folletos, os carteles, o repertorio e a actitude en escena, todo representaba esa querencia e compromiso que xa temos cos locais que contan con nós en todo momento. Non podemos evitar certo sentimentalismo, máis é certo que no Contrabajo por riba de todo nos sentimos respetados.
Das sensacións do concerto?, pois Enerxía e Intención, seguimos coa nosa teima, simplicidade e potencia. Somos máis furilos se cabe que antes e creo que o trasmitimos cada vez máis.
A destacar a repesca de "Liroi" unha das nosas primeiras cancións e tamén a fase "anglófona" coa versión de "God give me everythind" de Lenny Krawitz e Mick Jagger, "For You" e "Corasón".
Bos amigos para facer ambiente e algunha ausencia que esperamos reencontrar na proxima cita: A CENA BAILE.
Gracias Marcos por todo, Contrabajo forma parte da nosa comisaría furila.
Esperamos poder colgar o video do concerto en breve.
Seguiremos informando dende radiofurilo.

Liceum (O Porriño)
No hay comentarios:
Publicar un comentario