jueves, 24 de septiembre de 2009

Contrabajo 18 de setembro de 2.009

Volvimos o directo tras máis dun mes de paréntesis. Aparcamos o estudio de grabación e as diversas xestións que supoñen a autoproducción para rescatar o hábitat habitual de Capitan Furilo. Podemos decir que preparamos este concerto con moito cariño, dende os folletos, os carteles, o repertorio e a actitude en escena, todo representaba esa querencia e compromiso que xa temos cos locais que contan con nós en todo momento. Non podemos evitar certo sentimentalismo, máis é certo que no Contrabajo por riba de todo nos sentimos respetados.
Das sensacións do concerto?, pois Enerxía e Intención, seguimos coa nosa teima, simplicidade e potencia. Somos máis furilos se cabe que antes e creo que o trasmitimos cada vez máis.
A destacar a repesca de "Liroi" unha das nosas primeiras cancións e tamén a fase "anglófona" coa versión de "God give me everythind" de Lenny Krawitz e Mick Jagger, "For You" e "Corasón".
Bos amigos para facer ambiente e algunha ausencia que esperamos reencontrar na proxima cita:  A CENA BAILE.
Gracias Marcos por todo, Contrabajo forma parte da nosa comisaría furila.
Esperamos poder colgar o video do concerto en breve.
Seguiremos informando dende radiofurilo.

martes, 15 de septiembre de 2009

Novos temas, igual enerxía



O pasado fin de semana grabamos tres temas novos "Onde está?", "Sus labios son para mi", "O reverso desta lúa", novas cancións pero coa mesma enerxía de sempre. Rockandroll coas influencias furilas. Cancións directas, cheas de complicidade nos estribillos e guiños o sonido do grupo. Con Tino Alvarez como mestre de ceremonias xa só quedan algúns arreglos para rematar a grabación. Para iso esperamos contar con algunha colaboración "sorpresa" e grabar estes días algúns pequenos arreglos.
Once temas en total para o que será o noso disco, do que xa podemos adiantar o nome ROCK!.
Os novos temas soarán en directo o Venres 18 na Sala Contrabajo de Vigo.
Volve Capitan Furilo, teñan coidado aí fora!

Mira as fotos da grabación

martes, 1 de septiembre de 2009

Capitan Furilo na sala Contrabajo

Antes de meternos de novo no estudio a dar os últimos "toques" o novo CD, non podíamos deixar pasar a ocasión de tocar nuha das nosas salas favoritas. E digo mais, case é obligado ter tocado os novos temas no Contrabajo, para ver se merecen ser incluidos na grabación. As boas vibracións dos anteriores concertos, e o bo trato que recibimos sempre e suficiente garantía para asegurar que si vos pasades pola Rúa Venezuela 82, o vindeiro Venres 18 de Septembro ás 23 horas non vos arrepentiredes.
E por suposto...
teñan coidado ahí fora !!

Cartel co concerto