Un alto no camiño antes de volver o estudio de grabación, Capitan Furilo compartiu escenario en esta ocasión con Sugar Mountain en Cotelas - Cea. Todo un acontecemento. Noite de moito calor tanto de temperatura "atmosférica" como musical.
A organización un 10, cena de kilates e actitude 100 %.
Así se fan as grandes noites de rockaroll.
Un recoñecemento tamén para os Sugar Mountain, uns auténticos cabaleiros do rock en tódolos sentidos. Quizais o ano que ven aposten por un escenario no exterior visto o éxito de esta edición.
miércoles, 19 de agosto de 2009
viernes, 14 de agosto de 2009
entre os dous migueles
Non podo recordar exactamente cal foi o primeiro cantante, grupo, ou intérprete que escoitei. É certo, así que non podo dicir iso de que con catro anos xa escoitaba a talou a cual. Esta expresión que tanto se lee nas entrevistas dos rockaroleiros con maior pedigree non é o meu caso. Non da para tanto “rewind” mental.
Pero sí que recordo claramente, cando xa era algo maiorciño os dous primeiros cassettes que tiven. O “thriller” de Michael Jackson e o “Bienvenidos” de Miguel Ríos, éste último doble i en directo. Todavía os conservo no medio dalgunhas reliquias miñas que acumulen posteriormente; Fuxan os ventos, Los tamara, Supertramp, Los tres sudamericanos e unha cinta de rumbas mítica mítica.
Cos dous migueles creo que descubrín o rockaroll, iso sí en ámbitos ben diferentes. Michael Jackson tiña a miña intimidade, a parte máis persoal, e recordo escoitar repetidamente a cinta na miña habitación ata que as letras quedaron borradas no casette blanco. A canción que máis me gustaba era o dúo que facía con Paul Mccartney “The girl is mine” especialmente a parte do final en que os dous comenzaban a falar. Como non entendía nin papa, imaxinaba que estaban a falar de quen era a moza, e que un lle decía o outro que dous amigos non poden discutir por unha moza i que podería ser dos dous, inda hoxe non sei de que andaban a falar e prefiero a miña imaxitiva explicación. Antepor a amizade o amor, que bonito non?.
O outro Miguel tiña a miña parte máis lúdica e popular. Descubrín a Miguel Ríos na casa dos veciños do terceiro, “os das persianas”, chamábamoslles así porque o pai tiña unha fábrica de persianas. Alí Víctor i eu “flipábamos” cos solos de John Parsons e facíamos “air guitar” diante dos espellos do salón coma se fóramos nós os que estábamos no escenario circular da praza das ventas. Hoxe, anos despois só podo estar agradecido e orgulloso de que a memoria selectiva me leve os migueles e “os das persianas”, que mellores maestros pode ter un?.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Liceum (O Porriño)