martes, 14 de julio de 2009

Novas datas de grabación!

A segunda semana de setembro volvemos o estudio para grabar novos temas. O formiguillo da producción sonora meteuse no corpo. Ata o de agora temos oito temas novos grabados e mezclados. A idea e grabar outros tres temas novos co fin de editar o que será o noso primeiro cd. Nos próximos dias esperamos que podamos colgar un adianto das novas cancións que neste momento están a masterizar. Sobre o estilo, evolución e tal….., pódese decir que "volvemos o rock" ou en realidade sempre estivemos nel, o certo é que quixemos facer un disco con máis enerxía, máis directo e que recollera a nosa filosofía de cancións de tres minutos. Tres minutos para tres retos; letra, melodía e son. Sonido Furilo.
O 11 de setembro volvemos a Elite con Tino Alvarez (Arritmic) como mestre de ceremonias.
Volven os Furilos!
Teñan coidado ahí Fora!

2 comentarios:

  1. Pois a ver se sacades o disco dunha vez !!! Aúpa Furilo!!!

    ResponderEliminar
  2. manda carallo estes furilos, cando un concerto no foro?

    ResponderEliminar