martes, 14 de julio de 2009
Capitan furilo en Calo
O N´Capilla Rock acolleunos coma se fóramos da casa, moi bo ambiente para o que sería o segundo día de festa.Era o noso último concerto ata a esperada presentación do novo disco e quizais por iso tivo un sabor especial. Fixemos un repertorio máis adaptado o feito de compartir escenario, pero non por iso se desmereceu a festa. Non sei se haberá algunha foto que podamos subir nos próximos dias pero a imaxe de tocar de seonllos entre o público non ten prezo.Sobre as sensacións?, pois os novos temas van collendo protagonismo, cancións como "Todo foi po amor" ou "Vou ter qeu rehabilitareme" sonaron robustas e outras como "Seus labios son para min" animaron a participar coa xente nesa "rumbita cabrona" que empeza a ser un clásico no noso directo.Compartimos escenario cos Dirty Socks, todo un pracer!. Esperamos volver canto antes, Calo é Máxico!En canto teñamos novas sobre a presentación colgaremoas na rede, xa nos vai prestando esa "Cea Baile"!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Liceum (O Porriño)
No hay comentarios:
Publicar un comentario