lunes 9 de noviembre de 2009

IM-PRE-SIO-NAN-TE

¿Pode algo que só se fixo 2 veces convertirse nun clásico?. ¿Poden reunirse mais de 200 amigos con ganas de Rock and Roll?

¿Pode haber algo mellor que escoitar "hell bells" mentras o lume purificador da queimada da paso ó R'N'R?

¿Hai algo mellor que tocar en directo arropado por amigos e coa maestría sonora de Tino e Jacobo?

¿E posible que cós vapores da queimada se apareza "Siniestro Total" en directo disposto a "bailar sobre tu tumba"?



Podedes escoitar o directo da presentación, cortesía de Jacobo Obmun.



Directo Furilo + Miguel Costas(Cea presentación "Rock"



Escoitade tamén ós nosos amigos Spectra (Parte 1)
(Parte 2)

jueves 15 de octubre de 2009

CEA - BAILE PRESENTACIÓN DO NOVO DISCO DE CAPITAN FURILO

O próximo 7 de Novembro CAPITAN FURILO presentarán o seu novo traballo: ROCK
Será en Ponteareas cunha CEA-BAILE por todo o alto.
Mandamos cartel e información promocional.
 
Apertas
 

 

--
www.capitanfurilo.com

martes 6 de octubre de 2009

Presentación do novo Disco "Rock"


Por fin. O vindeiro 7 de Novembro presentamos o noso novo disco "Rock" nunha cena-baile-concerto na que te esperamos. Será como no caso do anterior estreno, no Restaurante Cuevas en Bugarín (Estrada Ponteareas-Mondariz). Esperamos superar os bos recordos da anterior festa. Cenaremos, e vos presentaremos o noso novo disco en Directo, con colaboracións estelares, queimada, e DJ.
Moi pronto as entradas estarán a venda en Ponteareas en "A Casa da Triga", "Ue", "La Clave", "La Base", "Macdona" e no "Vagalume" en Salvaterra. O prezo será de 20 euros, e incluirá cena, concerto, queimada e sesión DJ.


Ver mapa más grande

jueves 24 de septiembre de 2009

Contrabajo 18 de setembro de 2.009

Volvimos o directo tras máis dun mes de paréntesis. Aparcamos o estudio de grabación e as diversas xestións que supoñen a autoproducción para rescatar o hábitat habitual de Capitan Furilo. Podemos decir que preparamos este concerto con moito cariño, dende os folletos, os carteles, o repertorio e a actitude en escena, todo representaba esa querencia e compromiso que xa temos cos locais que contan con nós en todo momento. Non podemos evitar certo sentimentalismo, máis é certo que no Contrabajo por riba de todo nos sentimos respetados.
Das sensacións do concerto?, pois Enerxía e Intención, seguimos coa nosa teima, simplicidade e potencia. Somos máis furilos se cabe que antes e creo que o trasmitimos cada vez máis.
A destacar a repesca de "Liroi" unha das nosas primeiras cancións e tamén a fase "anglófona" coa versión de "God give me everythind" de Lenny Krawitz e Mick Jagger, "For You" e "Corasón".
Bos amigos para facer ambiente e algunha ausencia que esperamos reencontrar na proxima cita:  A CENA BAILE.
Gracias Marcos por todo, Contrabajo forma parte da nosa comisaría furila.
Esperamos poder colgar o video do concerto en breve.
Seguiremos informando dende radiofurilo.

martes 15 de septiembre de 2009

Novos temas, igual enerxía



O pasado fin de semana grabamos tres temas novos "Onde está?", "Sus labios son para mi", "O reverso desta lúa", novas cancións pero coa mesma enerxía de sempre. Rockandroll coas influencias furilas. Cancións directas, cheas de complicidade nos estribillos e guiños o sonido do grupo. Con Tino Alvarez como mestre de ceremonias xa só quedan algúns arreglos para rematar a grabación. Para iso esperamos contar con algunha colaboración "sorpresa" e grabar estes días algúns pequenos arreglos.
Once temas en total para o que será o noso disco, do que xa podemos adiantar o nome ROCK!.
Os novos temas soarán en directo o Venres 18 na Sala Contrabajo de Vigo.
Volve Capitan Furilo, teñan coidado aí fora!

Mira as fotos da grabación

martes 1 de septiembre de 2009

Capitan Furilo na sala Contrabajo

Antes de meternos de novo no estudio a dar os últimos "toques" o novo CD, non podíamos deixar pasar a ocasión de tocar nuha das nosas salas favoritas. E digo mais, case é obligado ter tocado os novos temas no Contrabajo, para ver se merecen ser incluidos na grabación. As boas vibracións dos anteriores concertos, e o bo trato que recibimos sempre e suficiente garantía para asegurar que si vos pasades pola Rúa Venezuela 82, o vindeiro Venres 18 de Septembro ás 23 horas non vos arrepentiredes.
E por suposto...
teñan coidado ahí fora !!

Cartel co concerto

miércoles 19 de agosto de 2009

Concerto en Cotelas

Un alto no camiño antes de volver o estudio de grabación, Capitan Furilo compartiu escenario en esta ocasión con Sugar Mountain en Cotelas - Cea. Todo un acontecemento. Noite de moito calor tanto de temperatura "atmosférica" como musical.
A organización un 10, cena de kilates e actitude 100 %.
Así se fan as grandes noites de rockaroll.
Un recoñecemento tamén para os Sugar Mountain, uns auténticos cabaleiros do rock en tódolos sentidos. Quizais o ano que ven aposten por un escenario no exterior visto o éxito de esta edición.